Alba de groria
NaoAl final de la letra 'Alba de groria' podrás comentar sobre ella y acceder a más canciones de Nao.
LETRA
Alba de groria
Se con palabras traducimos os xestos,
se con palabras provocamos rupturas,
se con palabras enfrontamos discursos,
unha palabra evidencia un disgusto.
A rebeldía é unha fase da vida.
A adolescencia é a excusa perfecta.
O sufrimento non merece unha vida.
Monotonía como triste condea.
Son a caverna, son a nostalxia,
son a cadea, idiosincrasia.
Repulsa firme, condea unánime,
equidistancia, criticar o "procés".
Disolverse en acción, voar en ácido.
O cal nas mans Garzón, sangue no tren Anzar.
Tiros no paredón, presos só por cantar.
Atacar con cancións a Audiencia Nacional.
Aquí estaremos, presentando batalla.
Micros na nuca, apretando palabras.
Atacaremos cando chegue a alborada.
Toda a xenreira disparada en metralla.
Non haberá acubillo pra tanta rata.
Nin emisarios que regresen con vida.
Cumprimos órdenes, seguimos o guión.
Só fomos cómplices, o cargo e o bastón.
Somos imbéciles, viva o dictador.
Somos a rebelión que un día se conformou.
Metidos en formol, só vemos tras o cristal.
A nosa vida é un Live un Insta.
Acordamos retrasar a nosa revolución
para acabar o festín, chútate un televisor.
P*** bandeira, lume a ese trapo.
Retorzo verbas, dirixo un barco.
Recito a Shakespeare, escoito a Hamlet.
Que bo sistema, vomito fraude.
Queren ir por ti, tamén vir por min.
"Aquí estaremos, presentando batalla."
Inda temos voz, podemos sentir.
"Micros na nuca aprentando palabras."
Prohíben a expresom, cantar é delinquir.
"Atacaremos cando chegue a alborada."
Quero ser faquir, non outro martir.
"Toda a xenreira disparada en metralla."
Non me arrepinto, se vivo o recito,
expreso todo o que sinto, non poño filtro.
Amor na tinta, deixa que flúa o instinto.
Xogan contigo, tamén conmigo, o medo inimigo
é o seu amigo, vivo prohibido, son fuxitivo.
O córazon fálame en tono agresivo, sigo ferido.
Claudico versos como un asasino. Vóltome tolo.
O demo é antigo, conflito co frío fodido.
Bebo do litro, aplico o delito en cada renglón do que agora eu escribo.
Sufro delirios, cuspo latidos máis rapidos que os seus tiros.
E levanto da tumba os santos, non somos tontos.
Estannos petando, falando merda, roubando entre tanto.
Por iso canto, por iso sangro, somos malandros, versos do fango.
Sinte o desprezo, f*** estamentos, cos calabozos queren calarnos.
Vaia pasada. Unha putada paixón quere ser coaccionada e dispersada.
Mentes enfermas van de autorizadas? Chuvia dourada,
nas súas caras, nas súas caras, chuvia dourada nas súas caras.
Queren ir por ti, tamén vir por min.
Aínda temos voz, podemos sentir.
Nós somos así, todo ou nada en fin.
Prohíben a expresom, cantar é delinquir.
Quero ser faquir, non outro martir
que teña que partir fuxindo da dor.
Amar é vivir, se non é así
un tiro ó corazón.
Sen trapalladas, realidade está sendo alterada.
Borran pegadas, non interesas move os pés e anda.
Menuda banda, foden a manda, imos por tantas, chegan e arramplan.
Cantan o cara? Pártelles a cara, homes e mulleres bravas.
Non digo nada, non. Non digo nada, non. Non digo nada.
O meu peito é o que fala.
Non digo nada, non. Non digo nada, non. Non digo nada.
A liberdade é apresada.