E Pra Que Non Digas
Cantigas Populares GalegasAl final de la letra 'E Pra Que Non Digas' podrás comentar sobre ella y acceder a más canciones de Cantigas Populares Galegas.
LETRA
E Pra Que Non Digas
E pra que non digas que tal e que cal
que foi e non foi, que tal que sei eu,
eu aló non fun, ela aquí non veu,
nin eu llo pedín, nin ela mo deu.
-Maruxiña, dáme un bico
que che hei de dar un pataco,
-Non quero bicos dos homes
que me cheiran a tabaco.
E pra que non digas que tal e que cal
que foi e non foi, que tal que sei eu,
eu aló non fun, ela aquí non veu,
nin eu llo pedín, nin ela mo deu.
Maruxiña do forneiro
se coceras faime un bolo,
se mo fas, faimo de millo,
que eu de trigo non cho como.
E pra que non digas que tal e que cal
que foi e non foi, que tal que sei eu,
eu aló non fun, ela aquí non veu,
nin eu llo pedín, nin ela mo deu.
-Maruxiña, ti é-lo demo,
sempre me andas atentando,
-Foi do couce dunha pulga
que é un mal desesperado.
E pra que non digas que tal e que cal
que foi e non foi, que tal que sei eu,
eu aló non fun, ela aquí non veu,
nin eu llo pedín, nin ela mo deu.
Maruxiña sempre chora
arrimadiña a un palleiro,
tiña a gaitiña na man
e faltáballe o gaiteiro.
E pra que non digas que tal e que cal
que foi e non foi, que tal que sei eu,
eu aló non fun, ela aquí non veu,
nin eu llo pedín, nin ela mo deu.
+ Cantigas Populares Galegas
Biografía de Cantigas Populares Galegas
Redescubriendo las Raíces Musicales: Cantigas Populares Galegas
Ranking de Cantigas Populares Galegas
Cantigas Populares Galegas no está entre los 500 artistas más apoyados y visitados de esta semana, su mejor puesto ha sido el 73º en septiembre de 2023.
¿Apoyar a Cantigas Populares Galegas?
Comentar Letra
Comenta o pregunta lo que desees sobre Cantigas Populares Galegas o 'E Pra Que Non Digas'
Comentar