Cantar De Cego
Cantigas Populares GalegasAl final de la letra 'Cantar De Cego' podrás comentar sobre ella y acceder a más canciones de Cantigas Populares Galegas.
LETRA
Cantar De Cego
Iste ceguiño que vedes cantando
de entrambos ollos da cara cegou
mais por agora vaise gobernando
co outro ollo que inda lle quedou.
Esto que vos digo contáronmo a min
volvendo da feira de Portomarín
con outras cousiñas que vos contarei,
se son ou non certas eu non volo sei.
Como son vello e fáltame a vista,
cando unha moza me vén a falar
pra me dar conta se é grosa ou é fraca
teño por forza que ás maos apelar
e teño observado que as hai que se rin
e outras moi pouquiñas que foxen de min,
e a mor parte delas chaman polas nais,
pro chaman baixiño e arrímanse máis.
Ana Marica quedouse soliña
porque o seu home pra Cuba marchou
e tal desgosto colleu a rapaza
que gravemente a coitada enfermou
e soio quería que a fora coidar
un primo que tiña no mesmo lugar
e dispois dicía cando xa sanou:
gracias ás frequiñas que Manuel me dou.
+ Cantigas Populares Galegas
Biografía de Cantigas Populares Galegas
Redescubriendo las Raíces Musicales: Cantigas Populares Galegas
Ranking de Cantigas Populares Galegas
Cantigas Populares Galegas no está entre los 500 artistas más apoyados y visitados de esta semana, su mejor puesto ha sido el 73º en septiembre de 2023.
¿Apoyar a Cantigas Populares Galegas?
Comentar Letra
Comenta o pregunta lo que desees sobre Cantigas Populares Galegas o 'Cantar De Cego'
Comentar