A terra dos comentos
Ruxe-RuxeAl final de la letra 'A terra dos comentos' podrás comentar sobre ella y acceder a más canciones de Ruxe-Ruxe.
LETRA
A terra dos comentos
Hoxe na Quintana dos mortos,
hoxe hai baile de defuntos.
Hoxe hai feira na escaleira,
temos veleno de primeira.
Hoxe pasean os esqueletes
e as cores brancas dos cadaleitos,
rezan os frades axeonllados
e vixía a morte dende os tellados.
Na terra dos comentos xa non hai solución,
aquí todo se amaña en quince anos de prisión.
Se deus está en todas partes
está tan cego coma os xuíces.
Os cartos medran nos buratos
que nos tapiamos nos camposantos.
E alí estou eu coa branca palidez
do sono eterno que tiven unha vez
e hoxe as luces que alumean no mar
son os meus medos que andan a navegar.
Na terra dos comentos xa non hai solución,
aquí todo se amaña en quince anos de prisión.
Puntuar 'A terra dos comentos'
¿Qué te parece esta canción?
* Letra añadida por Cancións en galego