Mar Endiante
Ruxe-RuxeAl final de la letra 'Mar Endiante' podrás comentar sobre ella y acceder a más canciones de Ruxe-Ruxe.
LETRA
Mar Endiante
Terra enfronte, mar en diante,
fan camiño para o emighrante,
e na aldea criando os netos
quedan as vellas, quedan os vellos.
E os invernos fanse moi longhos,
ollando os mapas que dan os maestros,
xoghando ós barcos con cascas de noces,
soñando viaxes, soñando encontros.
E ó lonxe, na distancia, unha bághoa na meixela,
e ó lonxe na distancia, a gherra contra a miseria.
E aghardando no peirao do porto,
o corazón non lle cabe no corpo,
e esta noite hai tormenta no océano,
hoxe chora de mághoa o ceo.
E é difícil poder entendere
nunha terra tan rica ser pobre,
E é difícil poder comprendere
como alghén merece este male.
E ó lonxe, na distancia, unha bághoa na meixela,
e ó lonxe na distancia, a gherra contra a miseria