Choiva Aceda
Ruxe-RuxeAl final de la letra 'Choiva Aceda' podrás comentar sobre ella y acceder a más canciones de Ruxe-Ruxe.
LETRA
Choiva Aceda
Cae choiva aceda sobre a miña cabeza,
quenta o efecto no centro do cerebro.
Xa non se recoñece dende a fiestra esta paisaxe,
predicade a fin do mundo que non hai volta desta viaxe.
...o aire é irrespirable,
a atmosfera aperta a miña claustrofobia,
o tempo é unha pistola,
co punto de mira na miña cabeza...
...non hai, non hai solución,
debaixo deste ceo non hai solución...
O lume vermello queimará os recordos,
cinzas escuras serán meus restrollos.
Xa non se recoñece dende a fiestra esta paisaxe,
predicade a fin do mundo que non hai volta desta viaxe.
...o aire é irrespirable..