Falou Balbino
Ruxe-RuxeAl final de la letra 'Falou Balbino' podrás comentar sobre ella y acceder a más canciones de Ruxe-Ruxe.
LETRA
Falou Balbino
Nacín en primavera a carón dunha silveira,
no medio dunha leira á sombra da carballeira.
Morrín no aghre inverno á beiriña do regato,
coa friaxe, aterecido, baixo o relento do orballo.
...falou Balbino ó marchar,
…falou ó irse do seu lar,
…e deixounos forzas para loitar…
…hai tantas cousas que arranxar...
Nin alcaldes, nin gobernantes, nin cregos nin presidentes.
Nin xuíces, nin militares, nin conselleiros nin frades.
Nin ceder, nin adoecer, nin máis laios, mágoas e choros.
Nin perder, nin devecer, nin máis cadeas de escravos.
...falou Balbino ó marchar,
…falou ó irse do seu lar,
…e deixounos forzas para loitar…
…hai tantas cousas que arranxar...