Macacos de Ruxe-Ruxe

Macacos

Ruxe-Ruxe

Al final de la letra 'Macacos' podrás comentar sobre ella y acceder a más canciones de Ruxe-Ruxe.

Ver vídeo con letra

LETRA

Macacos

Eu imaxino cadros, eu penso retratos,
eu vexo cans famentos, eu vexo corvos neghros.
Eu teño as paredes repletas de bonecos,
que miran fixamente con ollos remendados.
Eu teño fiestras verdes e un patio de cemento,
no que nunca escampa, nin tan só un momento.
Eu teño follas soltas para escribir un conto,
e unha musa ruín que di que non teño talento.

E non entendo nada deste momento,
será que é moi estraño o argumento,
por iso rompo os reloxos en mil anacos,
e converso a soas cos meus macacos.

Eu imaxino soños, eu creo macacos,
loito con monstros feos, eu vexo homes macabros.
Eu teño os tabiques repletos de culebras,
con linghuas viperinas que se retorcen soas.
Eu teño unha porta, que sempre está aberta,
cunha coitela afiada no marco de madeira.
Eu teño catro cruces, unha para cada esquina,
para prenderlles lume por se o tempo enfría.

Eu teño billetes que sempre destiñen,
e un feixe de reloxos que nunca coinciden.
Eu ghardo palabras que nunca hei dicir,
e colecciono versos que para nada han servir.
Eu son pintor de brocha, eu coloreo espectros,
invento soños malos, debuxo arrepíos.
Será que eu son un bicho deses de compañía,
e por iso me ladra o espello cando el me mira.

Vídeo con letra

Puntuar 'Macacos'

¿Qué te parece esta canción?

-
0 votos

* Letra añadida por Cancións en galego

Comentar Letra

Comenta o pregunta lo que desees sobre Ruxe-Ruxe o 'Macacos'

Comentar

Compartir esta letra en...