Ruxe-Ruxe

Biografía de Ruxe-Ruxe

uxe Ruxe é un grupo de música galega formado en Aríns (Santiago de Compostela) en 1996. A súa música é rock combinada con sons tradicionais galegos, empregando ás veces instrumentos como a gaita e o saxofón, e sempre con actitude punk. As súas letras son en galego e de temática moi variada nas que predominan os textos costumistas, os de caracter social e o realismo máxico.
Até o momento sacaron á venda sete discos e teñen feito concertos por todo o Estado español, Portugal e Italia. As súas cancións téñense utilizado en algúns programas de televisión e mesmo filmes.

Os actuais membros da formación son:
Alex Sevilla - Batería.
Xaco Barona - Gaita.
Antón "Torroncho" - Baixo.
Vituco Neira - Voz e guitarra.
Miguel Duarte - Guitarra.
Xan Pericán - Saxofón.
Discografía

Ruxe-Ruxe (1999)
Non temos medo (2000)
A terra dos comentos (2002)
Fervendo (2004)
Comercial (2006)
Xigantes (2008)
Na fura de diante (2010)
Máis Cancións sobre Toxos, Cardos e Silveiras (2012)

Fuente: oscarlopez9 a través de Musica.com

Compartir esta página en...